No Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, este sábado, 9 de abril, haberá teatro para os máis pequenos. A actriz barreirense Estíbaliz Veiga e Kevin Stewart serán os protagonistas.

No Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, este sábado, 9 de abril, haberá teatro para os máis pequenos. A actriz barreirense Estíbaliz Veiga e Kevin Stewart serán os protagonistas.
 
Este sábado, 9 de abril, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, Katarsis porá en escena a obra “Pa cama”.
 
Esta representación está dirixida a nen@s con idades de 1 a 5 anos. Trátase dunha exploración de xogos entre dous amigos que antes de durmir descobren un mundo de aventuras que lles distrae do sono. 
 
A obra está interpretada pola actriz barreirense Estíbaliz Veiga e Kevin Stewart. A duración é de 45 minutos e principiará ás 18:00 horas.