A Pontenova terá Entroido infantil este domingo, 15 de febreiro

A Pontenova celebrará un Entroido infantil este domingo, día 15 de febreiro. Será no pavillón municipal Tito Margaride desde as 17:00 horas.

Está organizado polo Centro de Iniciativas Turísticas (CIT) de A Pontenova coa colaboración do Concello, que anuncia: “o vindeiro 15 de febreiro ás 17:00 horas agardámoste no Pavillón Municipal Tito Margaride para gozar dunha tarde chea de xogos, música e baile pensada para os máis pequenos e para toda a familia! Prepara o teu mellor disfrace e ven vivir un Entroido máxico, divertido e cheo de sorpresas”.