O grupo Acordeonistas da Mariña actuará en Alfoz o sábado 18 de abril

O grupo musical Acordeonistas da Mariña actuará en Alfoz o día 18 de abril, sábado. Será na Casa da Cultura ás 20:00 horas.

“A música tradicional chega a Alfoz da man de Acordeonistas da Mariña. Un plan ideal para todas as idades. Achégate e desfruta da música en directo!”, anuncia o Concello de Alfoz.