O Mondoñedo FC celebra unha cea baile o sábado 25 de abril

O Mondoñedo Fútbol Club organiza unha cea baile, que se celebrará o día 25 de abril, sábado, desde as 22:00 horas. Será en Finca San Antonio e estará amenizada pola discoteca móbil EvenTec.

As entradas, que teñen un prezo de 35 euros, están á venda nos establecementos hostaleiros O Palique, Cafetería Segundo e O Rincón de Mondoñedo.