
A programación da XLVI Festa da Troita na Pontenova inclúe actividades desde este xoves, día 30 de abril, ata o 2 de maio.
Esta festa está declarada de interese deportivo nacional, mellor evento deportivo 2022 e festa de interese turístico.
As actividades comezarán este xoves, 30 de abril, ás 09:00 horas cunha exhibición a cargo do escultor con motoserra Eugenio Linares. Ás 19:00 horas será a inauguración das novas pedras de honra no Paseo do Pescador; ás 20:30 haberá unha visita ao remodelado Museo da Pesca e novas doazóns; ás 21:00 horas entregaranse os recoñecementos do CIT e farase a imposición das Troitas de Ouro; e ás 21:30 horas terá lugar o pregón a cargo do muralista Diego As. Tamén se fará a apertura da caseta das troitas de Ribeira de Piquín e haberá verbena amenizada pola orquestra Cinema e DJ Bombardero.
O venres 1 de maio ás 07:00 horas será a concentración de pescadores na Praza dos Fornos. Ás 09:00 comezarán os concursos de lance e mosca, ás 12:00 horas terá lugar unha exhibición de pesca “da man dalgún dos mellores pescadores do mundo”, destaca a organización. Para as 13:30 está previsto o remate dos concursos, a pesaxe e as clasificacións. Tamén haberá sesión vermú coa orquestra Suavecito. Ademais ás 17:00 horas disputarase o V Campionato de Billarda e ás 18:00 será a entrega de trofeos no salón de actos da Casa da Cultura.E na verbena actuarán Suavecito e o DJ Pedro Bermdez.
E para o sábado 2 de maio ás 10:00 horas está programada a actividade Aprende a pescar, na que para participar hai que inscribirse previamente a través do teléfono 636.47.61.32. Tamén haberá sesión vermú e verbena coa orquestra Los Magos e DJ Bombardero.
Estas actividades está organizadas polo Centro de Iniciativas Turísticas da Pontenova coa colaboración do Concello de A Pontenova e da Deputación de Lugo.


