A asociación Terras de Lourenzá organiza unha fin de semana de sendeirismo no Parque Natural de Redes (Asturias) do 15 ao 17 de maio

A asociación Terras de Lourenzá organiza unha fin de semana de sendeirismo no Parque Natural de Redes, que está en Caleao (Asturias), desde o venres 15 ata o domingo 17 de maio.

A saída será o venres ás 17:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do martes 12 de maio a través do teléfono 647.06.70.54 (Javier). O prezo é de 165 euros para os socios do colectivo organizador e de 175 euros para os que non o son. O réxime de aloxamento é de media pensión e inclúese tamén o xantar do domingo. As prazas son limitadas (por orde de inscrición).