O 6 de xuño terá lugar o 2º Encontro de Familias, organizado polo Concello de Ribadeo

Este sábado, día 6, terá lugar o segundo Encontro de Familias, organizado pola Área de Benestar Social, Saúde e Familia do Concello de Ribadeo e pola asociación Guillem Veiga Iglesias. 

O programa deste 2026 inclúe tres encontros, un que tivo lugar o pasado 23 de maio, o deste sábado, e o vindeiro 13 de xuño. 

A concelleira Elena Sierra explica que “as Relacións e conflitos sociais: cómo axudar á infancia a relacionarse mellor centrarán a xornada deste sábado, que se desenvolverá no centro sociocomunitario de Ribadeo en horario de 11:30 a 13:30 horas”. 

Sierra subliña que “nestes encontros reflexionamos sobre a relevancia destes temas para mellorar a calidade de vida das nosas familias e velar tanto polo crecemento físico e cognitivo como polo benestar emocional e social das nosas crianzas”.

A edil ribadense engade que “estes encontros son gratuítos e teñen prazas limitadas que serán reservadas por orde de inscrición. Para mais información as persoas interesadas poden contactar por telefono ou whatstapp no 672 98 64 76 ou no mail drogodependencias@ribadeo.gal”.

Os Encontros de Familias son espazos para aprender, reflexionar e compartir experiencias.