O Pavillón Municipal de Xove acolle unha gala de patinaxe artística o martes 9 de xuño

A Asociación Cultural Deportiva Xove anuncia que o próximo 9 de xuño ás 19:30 horas o Pavillón Municipal de Xove “acollerá a nosa Gala Fin de Curso, unha celebración na que as nosas patinadoras e patinadores compartirán co público o traballo realizado ao longo da tempada. Un espectáculo cheo de música, emoción, ilusión e patinaxe, no que participarán deportistas da ACD Xove e de Ortigueira Patinaxe Artística, convertendo esta cita nunha gran festa sobre rodas”.

A ACD Xove engade: “agradecemos a colaboración do Concello de Xove e o apoio de todas as familias que fan posible seguir medrando cada tempada. Agardámosvos para desfrutar dunha tarde moi especial e despedir xuntos este curso 2025-2026”.