
O Concello de Trabada pon en valor “a intensa programación social, cultural e festiva que se desenvolverá ao longo desta semana en distintos puntos do municipio, grazas ao traballo das asociacións veciñais, comisións de festas e colectivos locais, que contan coa colaboración do Concello para facer posible estas iniciativas. As actividades darán comezo este martes, 23 de xuño, coa celebración de dúas tradicionais fogueiras de San Xoán. Por unha banda, a parroquia de Fórnea celebrará a súa festa con fogueira, música e degustación de sardiñas, chourizos e torresmos. Pola súa parte, a parroquia de Sante organizará tamén a súa tradicional Fogueira de San Xoán, unha cita que combina gastronomía, convivencia e tradición arredor do lume”.
Desde o Concello de Trabada destacan “o importante labor que realizan as asociacións, comisións de festas e colectivos do municipio na dinamización da vida social e cultural, contribuíndo a manter vivas as tradicións e a ofrecer alternativas de lecer para veciños e visitantes”.
O Goberno municipal reafirma así o seu compromiso de colaboración con estas entidades, apoiando iniciativas que “fortalecen a participación cidadá, a convivencia e o atractivo do concello ao longo de todo o ano”.


