
A asociación cultural Ao Compás do Río Ouro organiza unha sardiñada de San Xoán este martes, día 23 de xuño, en Ferreira do Valadouro. Será na explanada do antigo matadoiro a partir das 21:30 horas.
“Tendes unha cita para disfrutar dunha noite máxica. Haberá sardiñas asadas acompañadas de pan, cachelo, empanada de bonito, postre, auga e viño, de balde. E para botar as meigas fóra, queimada e moita música co DJ Conxuro”, anuncia o colectivo Ao Compás do Río Ouro.


