
A Xunta de Galicia anuncia que colabora coa tradicional Rapa das Bestas do Campo do Oso, en Mondoñedo, que se celebrará este domingo, día 28 de xuño: “a asociación cultural homónima responsable da organización presentou a 47 edición da cita”, nun acto que contou coa participación do director territorial de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta en Lugo, Manuel Antonio Fernández.
A Xunta anuncia que a xornada comezará ás 10:00 horas coa saída dos xinetes para baixar os animais ao curro e ás 12:00 celebrarase a rapa e o marcado dos cabalos. A continuación haberá sesión vermú, un xantar popular e baile pola tarde.


