
A praia de Esteiro, no municipio de Xove, acollerá cursos de surf desde este domingo, día 28 de xuño, ata o 2 de agosto.
É unha actividade organizada pola Asociación Cultural Deportiva Xove que anuncia: “os cursos de surf da ACD Xove regresan unha tempada máis para ofrecer unha experiencia única na Praia de Esteiro, tanto para quen queira iniciarse como para quen desexe seguir progresando sobre as ondas”. Para participar é imprescindible saber nadar e é unha actividade aberta a diferentes idades e niveis.
O prazo de inscricións está aberta ata este venres, o 26 de xuño, ou ata completar as prazas.


