
O Concello de Cervo anuncia que este venres, día 24 de xullo, ás 20:00 horas o Conxunto Histórico-Artístico de Sargadelos “converterase tamén nun gran escenario ao aire libre para acoller Ñiqui Ñaque, unha coprodución de Espectáculos Valente e o Centro Dramático Galego. Un espectáculo cheo de humor, clown, máscara e acrobacia que segue a historia de Cosme e Damián, dous cómicos ambulantes que, cando están a piques de disolver a súa compañía, reciben unha inesperada proposta: representar unha peculiar versión de Romeo e Xulieta mentres continúan a súa viaxe nun motocarro avariado”.
É unha obra con texto de Cándido Pazó, dirección de Roberto Vázquez e interpretación a cargo dos actores Con Dani Lago e Ángel Blanco.
A entrada é libre.


