Na Pontenova terá lugar o Baixeo e Faragulleo este sábado, 22 de agosto

Este sábado, día 22 de agosto, celebrarase na Pontenova o tradicional evento Baixeo e Faragulleo.

As actividades comezarán ás 9:30 horas coa concentración dos participantes na Chousa (entorno do Pozo da Ola); ás 10:00 será a saída para Piegaponte e ás 11:00 horas para Salmeán. Para as 14:00 está prevista a chegada á Chousa de Abaixo de a celebración do XXIV Faragulleo. E ás 16:00 horas haberá xogos familiares de integración.

É un evento organizado polo CIT de A Pontenova coa colaboración do Concello.