Este venres arrinca en Cervo o II Festival de Narración Oral “De Cobo a Xunco”, que se desenvolverá ata o 25 de setembro

O Concello de Cervo, coa colaboración de Tarabela Creativa, pon en marcha este venres, día 4 de setembro, a segunda edición do Festival de Narración Oral De Cobo a Xunco.

Esta nova edición que percorrerá diferentes parroquias do municipio durante os venres de setembro, con historias para público infantil e adulto e unha gran gala final, anuncia o Concello de Cervo, que dá a coñecer o programa de actividades.

Este venres 4 ás 17:00 horas nas Escolas Vellas de Rúa, dentro do Programa Regato (para público infantil) Pablísimo ofrecerá Cabicivai; e ás 20:30 horas no Local Social do Burgo de Trasbar, dentro do Programa Río (para público adulto) estarán Ángeles Goás e Vero Rilo, con Contos colorados.

O 11 de setembro ás 17:00 horas no Local Social da Senra, dentro do Programa Regato estará Raquel Queizás con Romaría; e ás 20:30 horas nas Escolas Vellas de Cervo, dentro do Programa Río, Celso F. Sanmartín ofrecerá Contar.

O 18 de setembro ás 17:00 horas na Sala Xosé Vizoso das Carboeiras de Sargadelos dentro do Programa Regato actuará Cris de Caldas con Contos en Lila; e ás 20:30 horas no Local Social de Lieiro, dentro do Programa Río, Avelino González ofrecerá Contos que foron chistes.

E o 25 de setembro será a gala final. Será ás 21:00 horas Casa da Cultura de San Ciprián con Oswaldo Digón, Víctor Grande, Carmen Conde e Felipe Díaz “Caxoto”.