A asociación Carro Tarabelo celebra un magosto con andaina na Pontenova este domingo, 25 de outubro

A asociación Carro Tarabelo anuncia que este domingo, día 25 de outubro, “esperamos por ti na Praza dos Fornos para gozar dunha boa andaina e, ao rematar, o clásico xantar con empanada e castañas asadas”.

As actividades comezarán as 10:30 horas coa concentración dos participantes na Praza dos Fornos, onde será tamén o xantar, que está previsto para as 14:00 horas.

​A data límite para inscribirse é este xoves, 22 de outubro.