400 rapaces participan do 1 ao 16 de xullo en Mondoñedo no XXI Campus de Baloncesto, financiado polo Goberno da Deputación de Lugo.

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto á Alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia López, e o Concelleiro de Deportes, Manuel Tapia Rivera, presentaron no Salon de Actos do Pazo de San Marcos o XXI Campus de Baloncesto, que acolle a cidade mindoniense e no que participan máis de 400 rapaces. O Goberno da Deputación é  a unica administración que colabora con esta cita, cunha achega de 6.000 euros, e que se celebra ata o 16 de xullo nas nas diferentes instalacións da localidade.

O Deputadoexplicou quese trata dunha iniciativa unica que, ademais de promocionar Mondoñedo, contribúe a dinamización social, económica e deportivadesta cidade.Rivera Capón sinalou ademais que “colaboramos con este tipo de iniciativas porque as administracións públicas debemos apoiar e fomentar o deporte base. Cremos no deporte como un instrumento fundamental para inculcar valores tan importantes na sociedade como o compañeirismo, o esforzo ou a solidariedade, así como ámbito de vida saudable, ademais de ser un motor socioeconómico na provincia”.

ElenaCandiaagradeceu a colaboración do Goberno da Deputación con esta iniciativa deportiva coa que se da a coñecer “á nosa cidade”.

XXI Campus de Baloncesto
O XXI Campus de Baloncesto trae a Mondoñedo 400 mozos de entre8 e os 18 anos toda España, para participar neste evento deportivo que se celebra en dúas quendas: do 1 ao 8 de xullo e do 9 ao 16.

Entre as actividades programadas nesta edición, destacan sesións de adestramento técnico e táctico, que complementarán con exercicios individuais. Ademais, terán clases de inglés, excursións, xornadas de praia e competicións de baloncesto, que se celebrarán en formato 3x3 e twoball. A programación desenvolverasenas instalacións deportivas da cidade de Mondoñedo; dous polideportivos interiores, catro pistas exteriores, unha piscina cuberta e outra fluvial, así como das instalacións do colexio escolar.

En pasadas edicións, este Campus celebrouse noutros Concellos mariñáns como o de Ribadeo e o de Barreiros, ao que acudiron estrelas do baloncesto como Calderón ou David Doblas. Este ano esperase algunha sorpresa.