A ACD Xove celebrará o seu vinte aniversario o 12 de xuño cunha chea de actividades. A cita servirá tamén como clausura da tempada.

O próximo domingo, 12 de xuño, a ACD Xove está de aniversario, xa que cumpre 20 anos. 

Como celebración de aniversario e como clausura desta tempada organizan unha xornada de lecer deportivo, á que están invitados os 242 alumn@s das Escolas Deportivas e Culturais, así como monitores, delegados e colaboradores.

Haberá unha andaina pola ruta dos muíños, un xantar campestre na área recreativa da Ponte do Carro para todos os participantes, ademais de xogos populares como zancos, carreiras de sacos, tiro á corda, chave, ranita e tamén inchables para os máis pequenos e pequenas, globoflexia, chapas e pintura, animación musical e xogos deportivos. 

As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao 618 97 61 59