AciaFozCCA e Concello de Foz patrocinan o 2º Concurso Nenos e Maiores, que convoca o Centro de Día Aloumiños.

O Centro de Día Aloumiños convoca o 2º Concurso Nenos e Maiores, que patrocinan AciaFozCCA e o Concello de Foz. O Certame foi presentado por José Ramón Rodríguez, coordinador de Aloumiños, Inés López Couto, concelleira de Cultura e José Carlos Paleo, presidente de AciaFozCCA. 

A organización establece dúas categorías. A individual, para rapazas e rapaces de 6 a 16 anos, que poderán presentar un debuxo ou un relato a elixir. A temática será E ti de pequeño… que facías?. Para obter esa resposta os participantes deberán facerlle esa pregunta a unha persoa maior da familia ou dos veciños e veciñas. E a especial para rapaces e rapazas de 6 a 16 anos xunto a unha persoa maior de 65 anos. O traballo a realizar, con temática libre, pode ser unha manualidade feita polos dous (nen@ e maior). 

José Ramón Rodríguez lembrou que “el objetivo de este concurso es fomentar la relación intergeneracional entre niños y mayores, para que vean lo que les pueden aportar los abuelos, los tíos, los vecinos… o viceversa también lo que los niños les pueden aportar a los mayores”.

Haberá varios premios, pero o coordinador de Aloumiños, destaca un: “no por el valor del premio, sino porque tendrán que compartirlo niños y mayores. Será la merienda que ganarán los tres primeros de la categoría especial”.

Aloumiños, Concello de Foz de AciaFozCCAa animan “a todas as nenas e nenos de 6 a 16 anos de calquera vila da Mariña a participar no concurso”. O prazo de presentación de traballos remata o 5 de novembro. O 18 dese mes coñecerase o  nome dos gañadores e o 27 será a entrega de premios na Casa da Cultura de Foz a partir das cinco da tarde. 

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, agradece “estas iniciativas nas que os nenos se achegan aos maiores e se fomentan relacións que coa pandemia se viron moi afectadas. Aprendemos todos os días dos nosos avós e avoas, veciñ@s e coñecid@s e pasar tempo con eles incrementa esa aprendizaxe, mellorando tamén a calidade de vida deles”.

A  concelleira focense anima “aos nenos e nenas a participar no concurso e desfrutar moito do tempo que pasan cos maiores”.

Pola súa banda, o presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, subliñou que “nos parece moi interesante que se organicen concursos e outras actividades para fomentar a conversa e as relacións entre cativos e maiores. É moi importante escoitarse, quedarse coas lembranzas e coas vivencias de toda unha vida. É moi bo que os nenos escoiten aos maiores e que os maiores desfruten tamén dos nenos”.