A Acial de Lourenzá convoca o V Concurso "Unha postal para mamá". O prazo de presentación de traballos remata o 30 de abril.

A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá organiza a quinta edición do concurso Unha postal para mamá.

As bases establecen dous grupos para poder participar neste certame, aquel no que se incluirán os nenos e nenas do Concello de Lourenzá e outro no que se inscribirán os nenos e nenas do resto da Mariña Lucense: Mariña Oriental, Mariña Occidental e Mariña Central. Ademais establécense tres categorías por idades: a) Nenos/as nados/as entre o ano 2008 e 2011; b) Nenos/as nados/as entre o ano 2012 e 2014; c) Nenos/as nados/as entre o ano 2015 e 2017.

A temática do concurso será a realización dunha postal para conmemorar o Día da Nai, a técnica para facela é libre debuxo, collage…, e os traballos realizaranse nun folio ou cartolina tamaño A4 dobrado á metade.

Enviarase unha foto da postal por whatsapp ao número 646 287 706, aportando o nome e apelidos do nen@ e o nome do pai/nai. O prazo para o envío das fotos remata o xoves 30 de abril de 2020. O fallo do xurado darase a coñecer, na páxina do facebook da Acial, o domingo 3 de maio, Día da Nai.

Haberá seis premios (un por cada categoría) de 30€ en vales de compra para gastar nos establecementos e autónomos asociados á Acial de Lourenzá, unha vez remate o confinamento que será cando se entreguen aos premiados e ás premiadas.