A Aciam de Xove organiza unha cea baile o 16 de decembro no pavillón municipal de deportes. Está aberta a todo o que queira asistir.

A Aciam de Xove instalará unha pista de xeo na Praza do Centro Cívico do 15 ao 30 de decembro, ambos días inclusive.

A apertura o 25 de decembro vai ser opcional, e abrirase ou non dependendo dalgúns factores de última hora. En calquera caso, avisarase do que se faga este día.

O prezo das entradas é de 7 € para o público en xeral (prezo en taquilla) e de 5€ para os que presenten bonos desconto de 2 €uros. Estes bonos desconto serán repartidos polos comerciantes asociados da Aciam Xove, e vanse entregar tamén estes bonos descontos a ANPAS, colexios e institutos de Xove e da zona. Polo tanto, animamos a todas as persoas que gusten desta actividade a que veñan a Xove, e xa saben, se mercan nun establecemento asociado noso van ter un desconto de 2 €uros.

Nesta actividade,  organizada por Aciam Xove, contan co patrocinio do Concello e coa colaboración da ANPA Xove.

ACIAM Xove abriu o prazo para apuntarse a esta cea baile que se vai desenvolver o venres 16 de decembro, a partires das 22:30 horas, no Pavillón Municipal de Deportes de Xove.

O prezo desta cea baile é de 60 €uros por persoa. Os tíckets poden adquirirse en Xove nos seguintes lugares: Panadería Maral, Gasolinera Transportes Paraiso, Noceda e Pulpería Mario. O xoves 15 de decembro (inclusive) será a data límite para adquirír os tickets para cea.

Aciam Xove quere compartir con todas as persoas este día, polo cal informamos que esta cea-baile está aberta a todo o mundo, sexa asociado de ACIAM Xove ou non.