Acisa e Concello farán promoción do Ribadeo Indiano o 29 de febreiro no programa "Aquí Galicia" da TVG.

Acisa e Concello farán promoción do Ribadeo Indiano este sábado, 29 de febreiro, no programa Aquí Galicia da TVG.

A rúa San Roque coas súas casas indianas, o parque de San Francisco coa Torre dos Moreno ou o porto de Ribadeo son algúns dos enclaves que poderán ver os espectadores da Televisión de Galicia neste programa, que está previsto que se emita o vindeiro sábado desde as 16:30 horas. 

Neves Paz, técnica de Cultura do Concello; Jesús Pérez, xerente de Acisa; e Carmen Cruzado, membro da directiva da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, falarán do carácter histórico deste evento, das vestimentas e das actividades desenvolvidas os últimos anos. E aproveitarán para convidar a todas as galegas e os galegos a achegarse á vila do 10 ao 12 de xullo de 2020 para vivir de preto a sétima edición do Ribadeo Indiano, que organizan o Concello e Acisa. 

O programa AquÍ Galicia emitirase este sábado desde a Festa da Arribada de Baiona e percorrerá outras citas históricas que se celebran en Galicia como o Ribadeo Indiano.