A actriz Comba Campoi participará o 25 de xaneiro nos Colexios Vellos de San Miguel (Barreiros) nun parladoiro sobre Barriga Verde.

O Seminario de Estudos Os Espigueiros organiza un parladoiro sobre Barriga Verde este sábado, 25 de xaneiro, ás 16:30 horas, nos Colexios Vellos de San Miguel.

O parladoiro sobre este personaxe moi querido pola cultura galega correrá a cargo da actriz Comba Campoi.