Actuacións para o público infantil, música, cine e maxia completan o programa Verán 2021 do Concello de Trabada.

O Concello de Trabada organiza diversas actividades dentro do seu programa Verán 2021.

O día 28 de xullo ás 12:30 horas o grupo Gazafelhos representará A illa sen tesouro.

En agosto, o día 13 ás 12:30 horas Bandullo Azul presentará Filipa cos contos. O día 14 ás 18:00 horas actuarán o Mago Xacobe e Kayto con 2 Magos alokaytos; e ás 22:00 horas haberá Cine na Rúa coa película O que arde.

O día 15 ás 14:00 horas ofrecerá un concerto a Banda de Música Municipal de Ribadeo; ás 18:00 horas, Viravolta Títeres presentará A maleta de don Attilio; e ás 22:00 horas, no ciclo Cine na Rúa, proxectarase a película Cuñados. 

O día 16 ás 14:00 horas actuará a agrupación O Arco da Vella; e ás 18:00 horas, Pakolas presentará Cores, contos e Rock´n´Roll con Ramona Órbita. Finalmente, o día 31 ás 12:30 horas actuará Paporrubio con Varietés do animalario.

Todas estas actuacións serán na Praza do Concello. Colaboran na organización destas actividades: Deputación de Lugo, Xacobeo 21-22 e Xunta de Galicia.