A Agrupación Cultural Francisco Lanza presenta un libro sobre literatura galegoasturiana en Ribadeo este venres, 17 de novembro

Na Casa do Viejo Pancho, de Ribadeo, terá lugar a presentación do libro "Literatura galegoasturiana. Poesía, Prosa, Teatro", de Xoán Babarro Fernández, Suso Fernández Acevedo e Rita Bugallo González. O acto, organizado pola Agrupación Cultural Francisco Lanza, será este venres, 17 de novembro, ás 20:30 horas.

A organización anuncia que participarán na presentación Xoán Babarro, Suso Acevedo e Henrique Costas (profesor da Universidade de Vigo, que edita este novo volume). Este último tamén falará brevemente da súa primeira novela, titulada "Ao sur da liberdade".