Alfoz acolle unha charla sobre control e xestión da dor o 16 de febreiro

A aula OMIX do Centro Sociocultural de Alfoz acolle unha charla informativa sobre control e xestión da dor o 16 de febreiro, venres, ás
10:30 horas.

Durante esta actividade proporcionaranse habilidades e coñecementos necesarios para mellorar a calidade de vida das persoas que presentan dor aguda e crónica, así como información sobre diferentes alternativas para a avaliación e tratamento da dor.

As persoas interesadas en inscribirse na actividade poden facelo ata o 9 de febreiro, presencialmente no Concello de Alfoz ou no teléfono 982.55.80. 01.

Será impartida por Enrique del Arco Herrero e realízase en colaboración coa Escola Galega de Saúde.