Ampliado ata o 3 de marzo o prazo para participar no concurso de fotografía convocado polo CIM de Viveiro, denominada Traballos e Mulleres.

O Centro de Información ás Mulleres e a Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro convocan un concurso de fotografía con motivo da celebración do Día Internacional da Muller Traballadora que ten lugar o 8 de marzo.

Este concurso de carácter amateur ven de ampliar o prazo para a presentación de traballos ata o día 3 de marzo.

O concurso está aberto a fotógrafos/as afeccionados, non profesionais, que desexen participar e sexan maiores de idade. As obras deberán ser orixinais e non se admitirán fotografías que foran acreedoras de distincións ou premios noutros certames.

O tema das fotografías debe ser a Muller e o Traballo en calquera ámbito(público ou privado) para visibilizar o papel feminino en todos os sectores da nosa sociedade.

Os traballos deberán presentarse ou dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres de Viveiro na avenida de Cervantes s/n – Claustro San Francisco 27850-Viveiro.

Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller Traballadora, o Concello de Viveiro organizará unha exposición coas obras presentadas.

Para calquera información poden dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres a través dos números de teléfono 982-55 04 21 ou 982-56 21 49.