A Apalpadora visitará O Vicedo este domingo, 10 de decembro

A Asociación de Veciñ@s de San Román do Vicedo, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, organiza unha visita da Apalpadora para este domingo, 10 de decembro, ás 17:00 horas, na Casa da Cultura do Vicedo. É para todos os públicos con entrada de balde.

“Dende as montañas máis profundas da nosa terra chega a Apalpadora! A filla do lexendario Apalpador colle o testigo do seu pai e baixa nestas datas para visitar aos nenos e nenas galegas. Cun cesto cheo de castañas e os seus tradicionais xoguetes de madeira contaravos como é a vida na alta montaña e as súas marabillosas lendas, para transmitir valores como o respecto polo monte, o coidado do rural e a importancia dunha alimentación sa e sostible”, explican os organizadores desta actividade.