A asociación Cabaleiros do Ouro organiza a súa primeira ruta a cabalo para o 20 de abril

A primeira ruta a cabalo organizada pola asociación Cabaleiros do Ouro desenvolverase polos municipios de Alfoz e O Valadouro o día 20 de abril, sábado, desde ás 10:30 horas.
Haberá pinchos na metade da ruta e xantar ao rematar o percorrido. Tamén farán sorteos e reparto de agasallos. A música correrá a cargo do DJ Pedro Brmudz.

O prazo para inscribirse está aberto ata o 17 de abril.