A asociación cultural Abrente, das Nogais, representará en Alfoz "As tres solteironas" o 23 de abril.

Ás 20:00h no Salón de Actos do Centro Sociocultural de Alfoz do 23 de abril a Asociación Cultural Abrente, das Nogais, presenta a súa comedia "As tres solteironas". 

Esta comedia, ambientada nos anos 50, caricaturiza a ansia de dúas familias por amañar as súas herdanzas pactando casamentos. Cunha trama argumental que se complica por certos intereses económicos, algún namoramento imprevisto, un cura de armas tomar, envexas, malas linguas e ata unha maga e un enxame de abellas...

Financiada co Plan Único da Deputación Provincial: Área de Cultura, Xornadas de teatro 2022