A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo, de Alfoz, convoca os Certames On Line de Relatos Curtos e Debuxo Letras Galegas 2020.

A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo, de Alfoz, convoca os Certames On Line de Relatos Curtos e Debuxo Letras Galegas 2020. O prazo de presentación de traballo remata o 10 de maio. 

Establécense nos dous casos tres categorías: ata 2º curso de primaria; de 3º a 6º de primaria; e secundaria. 

A temática do relato será libre e poderá ter como máximo unha extensión de 10 páxinas. Letras Galegas e Galicia é a temática elixida para o concurso de debuxo. Os traballos deben ser remitidos a asociación.ocastelo@gmail.com No correo electrónico débese indicar o nome e apelidos do autos, o curso, o centro no que cursa os seus estudos e o teléfono de contacto. Tamén debe figurar o nome do pai/nai/representante e o número do seu DNI. 

Poderanse presentar dous traballos por participante. Os traballos deben ser inéditos e teñen que estar escritos en lingua galega. A organización advirte que se excluirán aqueles que teñan connotacións racistas, sexistas, xenófobas ou ofensivas contra persoas ou institucións. 

A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo subliña que haberá fantásticos agasallos para o mellor relato e o mellor debuxo de cada categoría. 

O Día das Letras Galegas neste 2020 está dedicado a Ricardo Carvalho Calero.