A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo organiza unha cea baile en Alfoz para o 16 de marzo

A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo, de Alfoz, organiza unha cea baile para o 16 de marzo, sábado, desde as 21:00 horas. Será no pavillón de Alfoz e estará amenizada polo grupo Lume.

O menú estará composto por cecina, empanada, croquetas, codillo, sobremesa, café, chupito e viños Rioja e Albariño. O prezo para os socios do colectivo organizador é de 25 euros, mentres que outras persoas que queiran participar deben pagar 27 euros. 

Para as reservas os interesados poden contactar nos seguintes números de teléfono (mellor por WhatsApp): 603.89.57.53 (Borja) ou 617.29.97.98 (Daniel). O prazo para apuntarse remata o 12 de marzo.