A asociación cultural O Pasatempo organiza unha cea baile con cocido en Mondoñedo para o 4 de febreiro.

A asociación cultural O Pasatempo, de Mondoñedo, organiza a unha cea baile con cocido para o 4 de febreiro, sábado, en Finca San Antonio.

O menú está composto por sopa, cocido completo, filloas, viños tinto e branco, auga e refrescos, café e chupito. 

O evento empezará ás 21:15 horas coa actuación do dúo Epo-K, ás 22:00 iniciarase a cea e a partir das doce da noite celebrarase o baile de disfraces, tamén amenizado polo dúo Epo-K.

O prezo é de 30 euros e as entradas véndense ata o 1 de febreiro en O Palique, O Rincón de Mondoñedo, Bar Castro e Vinoteca Segundo.