A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha ruta de Burela a San Cibrao para o 21 de xaneiro

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha ruta polo Camiño Natural do Cantábrico, desde o porto de Burela ata San Cibrao (Cervo), para o 21 de xaneiro, domingo. A distancia a percorrer son 12,5 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán no restaurante O Noso Lar, de San Cibrao.

A saída será ás 09:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 20:00 horas do 17 de xaneiro, chamando aos teléfonos 619.82.87.84 ou 619.37.80.29. O prezo é de 35 euros para os socios do colectivo organizador e de 40 euros para os que non o son. 

O colectivo organizador explica: “imos inaugurar o noso calendario de camiñadas de 2024. Como vén sendo habitual nos últimos anos, xaneiro é o mes escollido para ir completando tramos do Camiño Natural do Cantábrico, nesta ocasión o traxecto que vai dende o porto de Burela ata San Cibrao”.