A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha ruta pola senda fluvial Trimaz-Cabreiros o 11 de febreiro.

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha ruta pola senda fluvial Trimaz-Cabreiros, no municipio de Xermade, para este sábado, día 11 de febreiro. A distancia son 14 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán no restaurante Casa Cándida, de Viveiró.

A saída será ás 08:30 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14 horas deste xoves, día 9, chamando ao teléfonos 699.70.60.31 ou 619.37.80.29. O prezo é de 35 euros para os socios do colectivo organizador e de 40 euros para os que non o son.