A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha ruta polo río Ouro en Fazouro para o 3 de setembro

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha ruta polo río Ouro en Fazouro, no municipio de Foz, para o 3 de setembro, domingo. A distancia a percorrer son 11 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán no restaurante O Descanso.

A saída será ás 10:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do 31 de agosto, chamando aos teléfonos 658.09.71.33 ou 619.37.80.29. O prezo é de 25 euros para os socios do colectivo organizador e de 30 euros para os que non o son.