A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha ruta por San Martín de Oscos para o 16 de marzo

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza percorrido pola ruta Mina Carmina, no municipio asturiano de San Martín de Oscos, para o 16 de marzo, sábado. A distancia a percorrer son 11 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán nun restaurante.

A saída será ás 08:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 20:00 horas do 13 de marzo, chamando aos teléfonos 699.70.60.31 (Mahía) ou 647.06.70.54 (Javier). O prezo é de 35 euros para os socios do colectivo organizador e de 40 euros para os que non o son.