
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza para o día 12 de xullo, domingo, un percorrido pola Ruta de los Molinos, no municipio asturiano de Taramundi, concretamente en la parroquia de Bres. A distancia a percorrer son 10 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán nun restaurante.
A saída será ás 08:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do mércores 8 de xullo. O prezo é de 35 euros para os socios do colectivo organizador e de 40 euros para os que non o son.


