Ata o 16 de abril estará aberta no IES San Rosendo, de Mondoñedo, a exposición "Amar o mar".

Onte inaugurouse no Centro Comarcal de  Mondoñedo a exposición fotográfica “Amar a mar, Mariñas, Marosas e Maruxainas” organizada polo IES San Rosendo en colaboración coa Rede Museística Provincial de Lugo e co Concello de Mondoñedo. 

Ao acto acudiron Manuel Otero, alcalde da cidade mindoniense, Patricia Otero, concelleira de Camiño Norte, Asociacionismo e Participación Cidadá, e Carmen Rey ,directora do  CIM. Ademais tomaron parte no acto a directora do instituto, María José  Cuesta, e representantes da comunidade educativa e do persoal laboral do centro.

A exposición permanecerá aberta de 9:00 a 15:00 de luns a venres ata o próximo 16 de abril.

A mostra recolle fotografías de caras e mans das avoas, fillas e mais que para a comunidade do instituto son merecentes dunha homenaxe sinxela, pero sentida e necesaria. Estas mulleres conforman o   tecido matriarcal que pon en marcha a vida aquí e noutras latitudes desde sempre.