Ata o 26 de agosto pódese visitar na Casa do Mar, en Ribadeo, a exposición conmemorativa do 25 aniversario da BMMR.

A exposición conmemorativa do 25º aniversario da Banda Municipal de Música de Ribadeo inaugurouse o sábado na Casa do Mar ribadense, onde a mostra estará aberta ao público ata o día 26 deste mes.

No acto inaugural interviñeron a concelleira de Educación, Mari Luz Álvarez Lastra; o presidente da asociación Amadores da Música, Chema Suárez; o anterior máximo responsable do colectivo, José Luis Pulpeiro; e o director da Banda, David Ballester. Tamén estiveron a alcaldesa de Ribadeo en funcións, Ana Martínez, o edil de Cultura, Farruco Graña; e outros concelleiros da corporación municipal ribadense.

A exposición, que recolle carteis, programas, fotografías, instrumental antigo e outros obxectos relacionados coa historia da Banda, estará aberta ao público, con entrada libre e gratuíta, ata o vindeiro sábado, día 26, todos os días en horario de 11:30 a 13:30 horas  e de 17:00 a 20:00 horas.