Ata o 28 de febreiro están á venda anticipada as entradas para o partido que disputarán en Vista Alegre o sábado o Burela Pescados Rubén e o FC Barcelona.

A venda anticipada para o terceiro e último Día do Club da tempada xa está dispoñible. Non quedes sen a túa entrada para a visita do todopoderoso FC Barcelona, que recalará en Vista Alegre este sábado, 29 de febreiro, ás 17.00 horas para medirse á Alma Laranxa. 

Oficina

Estará aberta na sede do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entreplanta, Burela) ata o venres, día 28, ás 14.00 horas.

Horario de atención: Luns, mércores e xoves (9.00-14.00//16.00-19.00). Venres (9.00-14.00)

PREZOS DE SOCI@S

0-5 anos: Gratuíto (recollida de entrada no pavillón)
6-17 anos: 1 euro
Adult@: 5 euros

PREZOS NON SOCI@S

0-5 anos: Gratuíto (recollida de entrada no pavillón)
6-17 anos: 10 euros
Adult@: 20 euros

Vista Alegre

Coincidindo co encontró de semifinais de Copa Galicia do martes, día 25, ante O Parrulo, a venda anticipada tamén estará dispoñible en Vista Alegre, de 19.30 a 20.30 horas. 

Online

*Os NON soci@s poderán adquirir a súa entrada tamén a través desta LIGAZÓN, ata o xoves, día 27.