Ata o 29 de xullo estará aberta no Castelo do Castrodouro, en Alfoz, unha exposición fotográfica de Luis Cristian Carabalí.

A sala de exposicións do Castelo do Castrodouro, en Alfoz, acolle ata o día 29 de xullo, unha mostra fotográfica de Luis Cristian Carabalí Ferigra.

Baixo o título de "Memorias dun fotógrafo. Paisaxes de A Mariña" recolle instantáneas de diferentes puntos da comarca entre as que se atopan algunhas do propio Castelo do Castrodouro e algunha secuencia do Mercado Medieval de Alfoz.

A mostra precisamente poderase visitar durante a celebración do Mercado Medieval que terá lugar en Alfoz os días 14 e 15 de xullo, compartindo espazo dentro da torre cunha exposición de traxes medievais da deseñadora Reme Espantoso e coa colección de calzado tradicional de madeira da Sala-Museo das Zocas de Alberto Geada.

O Castelo de Castrodouro está aberto actualmente  en horario de fins de semana e festivos de 11:00 a 14:00 horas, e 16:00 a 20:00 horas. A partir do 3 de xullo abrirá tamén en horario de tarde de 16:00 a 20:00 horas.