Ata o 29 de xullo pódese visitar na Casa do Viejo Pancho, en Ribadeo, a exposición "O Castro tamén na orixe da literatura infantil e xuvenil galega".

Este venres, ás 20:00 horas, no Campo de San Francisco, Pajarito presenta A vida tola. Trátase dun espectáculo de novo circo incluído no ciclo Cultura no Camiño.

Tamén este venres e o sábado celébranse as Festas do Carme no porto de Porcillán con actuación o 16 de xullo de Lucía Pérez a partires das doce da noite. 

Ademais dende mañá venres pódese visitar na Sala de Exposicións da Casa do Viejo Pancho a mostra titulada O Castro tamén na orixe da literatura infantil e xuvenil galega, comisariada por Héitor Picallo. O horario de apertura é de 10:00 a 13:00 de luns a venres ata o vindeiro día 29.