Ata o 7 de xaneiro estará aberto en Viveiro o Nacemento da Asociación Bágoas da Terra. Unha das novidades deste ano son as redeiras.

En Viveiro foi inaugurado o Nacemento que promove a Asociación Bágoas da Terra e que xa é un clásico entre os Beléns da Mariña. “Con figuras realizadas por un gran artesán en Murcia e que as fixo por encargo noso ataviadas con traxes rexionais galegos; moitas delas con movemento que o bo mestre Hortensio lles dotou, así a parella de bailaríns danzando, o panadeiro enfornando, o pescador pescando, o recolledor de noces, muíños, alfareiros maiando o liño ou algunhas novas deste ano como as redeiras”, explican desde Bágoas da Terra.

Este Belén permanecerá aberto ata o 7 de xaneiro do 2018, en horario de mañás de 11:30 h a 13:30 horas e en horario de tarde de 18:30 a 20:30 horas. 

E engaden que “todos os anos desfilan familias enteiras explicándolles aos nenos todo o significado desta tradición, e para Bágoas isto xa é a gran compensación”.