A Aula CeMIT de Barreiros programa catro cursos de marzo a maio. A inscrición está aberta.

A Aula CeMIT barreirense acollerá ao longo das vindeiras semanas catro cursos de informática. Teñen carácter gratuíto e as prazas son limitadas. As persoas interesadas en acudir poden facer a súa reserva acudindo á propia Aula CeMIT ou chamando ao seguinte número de teléfono 639 876 671.

O primeiro dos catros cursos será o de Iniciación a internet, que terá lugar do 14 ao 23 de marzo. A continuación do 28 de marzo ao 12 de abril impartirase un outro sobre Correo electrónico e internet. 

A programación da Aula CeMIT de Barreiros seguirá do 18 ao 27 de abril co curso denominado Web 2.0 e DNI electrónico. E do 2 ao 10 de maio impartirase outro sobre Manexo de móbiles táctiles. 

Esta formación darase na Aula CeMIT de Barreiros, que está situada no Teleclub de San Cosme, en horario de 16:30 a 18:00 horas.