A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, organiza o 4 de febreiro unha excursión á Feira do Cocido de Lalín e ao santuario da Virxe do Corpiño.

A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión a Lalín para participar na Feira do Cocido, festa declarada de interese turístico nacional que cumpre a súa 50ª edición este ano. Ademais visitarán o Entroido desa localidade e tamén o famoso santuario da Virxe do Corpiño. Será o día 4 de febreiro, domingo.

O prezo para participar na excursión é de 35 euros por persoa e inclúe almorzo, comida do cocido típico de Lalín, o desprazamento en autocar e o seguro de viaxe obrigatorio.

Para a reserva de prazas nesta excursión hai que dirixirse a axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou chamar aos teléfonos 676.44.54.65 ou 982.87.74.70.