A axencia de viaxes ribadense Augasantas organiza unha excursión á Festa da Augardente de Portomarín o 1 de abril.

A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión a Portomarín para participar na súa famosa Festa da Augardente, que se celebra o día 1 de abril, domingo.

O prezo para participar na excursión é de 30 euros por persoa e inclúe almorzo, xantar, desprazamento en autocar e seguro de asistencia.

Para a reserva de prazas nesta excursión hai que dirixirse a axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou chamar aos teléfonos 676.44.54.65 ou 982.87.74.70.