A axencia de viaxes ribadense Augasantas organiza unha excursión a Padrón e Ribeira o 16 de setembro.

A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión a Padrón e Ribeira. Será día 16 deste mes, domingo.

A actividade inclúe a viaxe en autocar, o almorzo, a comida e o seguro de viaxe obrigatorio. Os participantes visitarán o mercado de Padrón, despois comerán e pola tarde farán un percorrido por Ribeira. O prezo é de 35 euros por persoa. 

Para a reserva de prazas desta excursión hai que dirixirse a axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar aos teléfonos 676.44.54.65 ou 982.87.74.70.