A axencia de viaxes ribadense Augasantas organiza unha excursión a Portugal durante a ponte do 6 ao 8 de decembro.

A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión a Portugal, con visitas a Lisboa e Óbidos, durante a ponte do 6 ao 8 de decembro.

A actividade inclúe a viaxe en autocar os tres días, pensión completa en hoteis de 3 estrelas con buffet libre, seguro de viaxe e excursións con guía durante todo o circuíto. O prezo é de 215 euros por persoa.

Para a reserva de prazas nesta excursión hai que dirixirse á axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar aos teléfonos 676.445.465 ou 982.877.470.