A axencia de viaxes ribadense Augasantas organiza unha excusión ás localidades portuguesas de Vila Nova de Cerveira e Valença do Miño. Será o 28 de abril.

A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión a dúas localidades portuguesas famosas polos seus mercados, Vila Nova de Cerveira e Valença do Minho. Será o día 28 deste mes, sábado.

O prezo para participar na excursión é de 30 euros por persoa e inclúe almorzo, desprazamento en autocar e seguro de viaxe. Tamén hai a opción con comida incluída e nese caso a cantidade total que deberán pagar os interesados nesta alternativa é de 40 euros por persoa.

Para a reserva de prazas nesta excursión hai que dirixirse a axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou chamar aos teléfonos 676.44.54.65 ou 982.87.74.70.